Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Martina Aller logra o 2º posto en F12 na proba da liga de orientación celebrada en Coirós (A Coruña)

 

A liga galega de orientación a pé continúa o seu percorrido e na xornada do sábado 12 de febreiro disputábase sobre o mapa de Coirós, Coruña, a segunda proba desta edición. Nun día perfecto para a práctica deste deporte, os participantes gozaron dun mapa de pequenas dimensións, con multitude de elementos para realizar lectura e orientación, con continuos cambios de dirección e balizas a moi curta distancia entre elas, “todo un desafío de concentración e intelixencia para atopar o roteiro máis rápido entre baliza e baliza”, aseguran dende o Club Peña Trevinca Barco que participaba con 8 orientadores.

Nesta proba o mellor resultado era o de Martina Aller Pfirter que lograba o segundo posto en F12. A súa irmá, Mailén Aller Pfirter era quinta en F18. Ademais, Francisco Camba Rodríguez era cuarto en M21B;  Remedios Durán Pernas lograba o sexto posto en F50; Xan Mariano Trigo Recarey o sétimo en M40; e Pablo Aller Estévez o 16º en M50.

A seguinte cita será a proba internacional Trofeo MOM (Maximus Ou-Meeting) que se celebrará na provincia entre o 18 e 22 de febreiro. E a competición autonómica continuará o sábado 26 de febreiro coa proba en Xermade (Lugo).

Fotos: Teresa Bellón.

Artigos relacionados

Back to top button