EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Masterclass e Túnel do Viño da D.O. Monterrei en Santiago

Esta acción promocional reunía a un cento de profesionais e nela participaban 21 adegas

 

Túnel do Viño da D.O. Monterrei en Santiago.

En Santiago recalaba no mércores 9 de outubro a Denominación de Orixe Monterrei. O seu consello regulador organizaba unha masterclass e un Túnel do Viño que se desenvolvían ao longo de tres horas coa asistencia dun cento de profesionais: sumilleres, enólogos, profesionais da hostalaría e restauración.

Nesta actividade amosábase a tradición vitícola e a historia de Monterrei, tamén as súas característas edafoclimáticas e variedades de uva, entre outras cuestións. A continuación, e baixo o formato de Túnel do Viño, degustáronse brancos e tintos das seguintes adegas amparadas pola D.O.: Ladairo, Pazos del Rey, Gargalo, José Antonio Da Silva Pereira (Vinos Lara), Terras do Cigarrón, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Fragas do Lecer, Manuel Guerra Justo, Tabú, Franco Basalo, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Trasdovento, José Luis Gómez Ibáñez (Valderello), Crego e Monaguillo, Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo), Pazo de Valdeconde, Quinta do Buble, Concepción Paradela Martínez (Abeledos), Castro de Lobarzán, Pazo das Tapias e Triay Adegas de Oímbra.

Esta iniciativa enmárcase no ciclo de accións promocionais impulsadas neste ano dende a D.O. Monterrei para el 2019 e que xa teñen promocionado os seus viños en cidades españolas como Madrid, Ourense, A Coruña, Fisterra, San Sebastián, Bilbao, Cidade Real ou Castellón.

Artigos relacionados

Back to top button