CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Maxia co Mago Teto e música en directo, este sábado no Centro Cultural Avenida da Rúa

Mañá, 17 de febreiro, ás 19 horas presentará o espectáculo Rock 'n' Magic

Imaxe deste espectáculo./ Cedida.

 

Rematada o Entroido o Centro Cultural Avenida da Rúa recupera a súa programación e nesta fin de semana, a maiores do cine haberá maxia e música en directo.

A partir das 19 horas, o Mago Teto presentará Rock ’n’ Magic, un show que mestura as dúas principais paixóns de Teto: o rock e a maxia, dando como resultado un espectáculo cargado de ilusións, ritmo, humor e moita tralla.

Aparicións sorprendentes, xogos de adiviñacion e pequenas e grandes ilusions máxicas. Rock ‘n’ Magic é, máis que un espectáculo de maxia, un concerto de rock and roll no que o Mago Teto une o seu talento ao de Míster Cool e Fer Risco, para construír un espectáculo onde a maxia convive con algúns dos clásicos do rock and roll.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button