CulturaCulturaÚltima hora

Maxia co Mago Teto e paellada en Vilariño de Conso

 

O vindeiro 15 de agosto o Mago Teto porá o broche final ao Festaclown de Vilagarcía, un Festival Internacional de clown que achega a Galicia as mellores figuras do circo internacional. Pero uns días antes achegábase a casa para presentar o seu novo espectáculo.

Na tarde do venres 4 de agosto, o mago natural de Viana do Bolo, achegábase ata o campo de fútbol de Vilariño de Conso para compartir coa asistentes Rock’n’Magic, un show que mestura as dúas principais pasións de Teto: o rock e a maxia, dando como resultado un espectáculo cargado de ilusións, ritmo, humor e moita tralla.

 

 

Aparicións sorprendentes, xogos de adiviñacion e pequenas e grandes ilusions máxicas. Rock ‘n’ Magic é, mais que un espectáculo de maxia, un concerto de rock and roll no que o Mago Teto une o seu talento ao de Fer Risco na batería e Mon Orencio na guitarra, para construír un espectáculo onde a maxia convive con algúns dos clásicos do rock and roll.

En Vilariño de Conso conquistou ao público que despois tiña a posibilidade de degustar unha boa paella preparada no Vilariño Beach Club.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button