CulturaCulturaÚltima hora

Maxia e humor co Mago Teto no Castelo do Bolo

 

O castelo medieval do Bolo será hoxe o gran protagonista da I Feira Irmandiña que se celebra dende as 11 e ata as 21 horas deste luns 14 de agosto.

Pero o patio de armas acollía xa na tarde do domingo unha das actividades que conforman o programa das festas na honra a Nosa Señora, no Bolo. Co humor e o ímpetu que o caracteriza, o Mago Teto (natural de Viana do Bolo) compartía cos asistentes un espectáculo pensado para toda a familia.

Intercalando a maxia co humor e, coma sempre facendo partícipe ao público, (xente de todas as idades pero sobre todos cativos), Teto sorprendía e ilusionaba.

 

Artigos relacionados

Back to top button