OurenseÚltima hora

Maxia, solidariedade e moita música na IX Gala Contra o Cancro de Ourense que recada máis de 4.000 euros

Tras 9 anos a gala conseguíu recadar preto de 55.000 euros para a Asociación Española contra o Cancro

 

Na xornada deste domingo 12 de xaneiro celebrábase a IX edición da Gala Contra o Cancro de Ourense, sendo a primeira vez que se convocaba á cidadanía ourensá, a unha gala para un domingo pola mañá, onde, como ben dicía Lucía Regueiro na presentación “é día pensado para sofá, manta, organizar vos menús do día… Pero pode ser ou momento de desfrutar dunha xornada en familia rodeados de música e maxia, non?”.

Durante a presentación do acto, de forma “espontánea”, aparecía a comunicadora e presentadora de edicións anteriores Lucía Rodríguez, para acompañar ás súas dúas “tocaias” e amigas na presentación desta IX Gala e prestar recoñecemento ao número de baile das alumnas do Grupo de Baile Saudeter e destacar o recoñecemento recentemente anunciado a Lucía Veiga, polo seu nomeamento a mellor actriz revelación nos Premios Goya.

 

O Mago Teto.

 

Tras a súa aparición e presentar dúas galas anteriores, desexou sorte ás súas compañeiras, que presentaron o evento de forma fluída e dinámica. Tania Veiras e Pili Pampín ofreceron un combinado de pezas musicais festivas e animadas. Entre aclamacións tanto individualmente como por separado, deron paso a un espectáculo de maxia e de humor a cargo do Mago Teto, que involucrou a membros do público e sorprendido cun espectáculo de sombras chinesas.

Como guinda para o pastel, os Gin Toni´s ofreceron un variado repertorio de clásicos do pop español como Nino Bravo, Rafael, Los Secretos, Miguel Ríos e La Guardia. Ante un público entregado ao baile e que reclamaban un vis, a banda liderada polo vocalista Andrés Montes entoou No dudaría de Antonio Flores, peza que marcou o peche final da gala e na que participaron todos os artistas. Ao finalizar o evento, o organizador David Rodríguez daba as “grazas Ourense, nunca falledes, sempre estades aí ao pé de canón. Está claro que somos unha cidade solidaria. Vémonos na X Gala contra ou cancro”.

 

Pili Pampín.

 

Cun patio de butacas cheo con máis de 500 localidades vendidas, a gala conseguía unha vez máis, recadar máis de 4.000 € para a Asociación Española contra o Cancro; preto do 55.000 euros tras nove galas.

A Gala contra o Cancro conta co patrocinio do Concello de Ourense, Auditorio Municipal de Ourense, Deputación de Ourense, Abanca, Clínica Dental Parracía e Pérez Rumbao e a colaboración de Abella Creativa, 20 de Vyrras, Aleuto Medios Dixitais, Grupo Cuevas, Adegas Galegas, Redeiras, OSI Gourmet, Coren, Saudeter, Agapé Liceo e Estilo Único. Este evento está organizado pola Asociación Cultural As Canellas e a favor da Asociación Española contra o Cancro.

Fotos: Iris Justo.

Artigos relacionados

Back to top button