DeportesÚltima hora

Medalla de bronce para José M. Fernández (ArcoBarco) no campionato de España de tiro con arco

O arqueiro barquense lograba o terceiro posto en equipos na modalidade de arco composto sénior
José Manuel Fernández, membro do club ArcoBarco. /Foto: Carlos G. Hervella.

Os arqueiros do ArcoBarco seguen dando alegrías ao club. A última viña, unha vez máis, da man de José Manuel Fernández Rodríguez  que conseguía a medalla de bronce en equipos na modalidade de arco composto sénior, no campionato de España absoluto, júnior, de arco adaptado e por equipos de CC.AA. celebrado esta fin de semana en Salamanca.

A nivel individual, José Manuel lograba o posto 20 nunha liña de tiro con preto de cen arqueiros, entre os que tamén estaban dous compañeiros de club: Santos Murias Vázquez e Luis Domínguez Rey.

 

Medalla conseguida por José Manuel na modalidade de equipos en arco composto sénior.

E entre campionato e campionato, o club barquense vai perfilando o XII Trofeo Internacional ArcoBarco que retrasa a celebración ata os días  3 e 4 de novembro. Tal como avanzan dende O Barco, este cambio xurde “trala petición de arqueiros nacionais e internacionais que desexan acudir, estando a outra data próxima a campionatos do mundo e seminarios que imposibilitaban a súa asistencia”. Dende o club tamén avanzan que a proba seguirá o mesmo formato dos últimos anos “con premios en metálico, valedeiro para a obtención de estrelas FITA, eliminatorias a tiro alterno, torneo secundario e moitas sorpresas máis”.

 

Artigos relacionados

Back to top button