OurenseÚltima hora

Medalla de prata para Kairo (ASESOU) na ‘Tornik SkyRace’ de Serbia

O deportista ourensán subía ao segundo chanzo do podio nesta dura carreira por neve, lama e zonas moi técnicas

Podio da carreira en Serbia./ Foto cedida.

 

O sábado 2 de abril celebrábase en Zlatibor (Serbia) a Tornik SkyRace de 27 Km e 1600 m+ carreira que se engloba dentro do calendario da ISF National Series de SkyRunning Serbia & Montenegro, que contou coa participación de Kairo, federado de ASESOU (Asociación de Escaladores Ourensáns).

A de Serbia é unha carrera dura polas condicións de neve, lama e zonas técnicas que caracterizan ás probas ISF e  despois dunha boa pelexa con 6 corredores, o deportista ourensán lograba finalizar en 2ª posición da xeral cun tempo de 3h 02 min.

 

Kairo, no segundo chanzo do podio./ Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button