Dobre proposta deportiva esta fin de semana na Estación de Montaña Mazaneda, onde se celebrará o Open de Escalada e o trofeo MINI DH. O primeiro evento desenvolverase o sábado 14 de setembro no novo rocódromo indoor situado no pavillón polideportivo, unhas instalacións que contan con máis de 8 metros de altura e 7,5 metros de ancho, 7 vías ou rutas polas que se pode escalar, 5 delas por zona esborrallada e as outras dúas por placa vertical.
Medio centenar de nenos e nenas de entre 6 e 10 anos participarán no Open nas categorías prebenxamín, benxamín e alevín. Alfonso Böck, presidente do Club Asesou que organiza a competición, asegura que “a participación é elevada e destaca que para cada categoría haberá dúas vías de clasificación e unha de final” En canto ao horario, as eliminatorias levaranse a cabo pola mañá a partir das 10:30 horas, mentres que a partir das 16 horas celebraranse as finais.
O domingo 15 de setembro será a quenda das bicis e a Estación acollerá o Mini DH Serra de Queixa. O percorrido discorrerá pola pista Carqueixa e participarán as categorías benxamín, promesa, principiante, alevín e infantil. Está previsto que a manga clasificatoria comece ás 12:30 horas e a final ás 14:40 horas.