En portadaOurenseÚltima hora

Medio cento de presentadores meteorolóxicos de toda España visitan Santo Estevo

 

Arredor do clima, o mar, o cambio climático e a enerxía en Galicia xiraba o encontro que mantiñan a pasada fin de semana en Ourense máis corenta comunicadores meteorolóxicos de toda España que, durante esta fin de semana. Participaban no VI Seminario de ACOMET (Asociación de Comunicadores de Meteoroloxía).

Os meteorólogos e xornalistas non deixaron pasar a oportunidade de coñecer a Central Hidroeléctrica de San Estevo (Nogueira de Ramuín), un lugar excepcional de xeración de enerxía limpa na Ribeira Sacra. Tras un percorrido guiado, os presentadores tamén puideron dar o parte meteorolóxico desde o miradoiro público.

O complexo hidroeléctrico de San Estevo “representa unha das principais apostas de Iberdrola pola enerxía hidráulica en España e a maior en Galicia. O encoro goza dunha situación privilexiada que lle permite aproveitar a auga para xerar enerxía limpa e renovable e as precipitacións rexistradas as últimas semanas deixaron unha estampa incomparable”, destacan dende a compañía.

Os asistentes, coñecidos rostros de medios como TVE, Telecinco, Castela-A Mancha TV, RNE, A Punt, Televisión de Aragón… Tamén da Axencia Estatal de Meteoroloxía, Meteogalicia ou a RTVG.

Desde o miradoiro público, coa Ribeira Sacra facendo de estudio, deron o tempo para as súas televisións.

Artigos relacionados

Back to top button