Coincidindo co seu 20º aniversario, a Asociación de Sumilleres Gallaecia escollía a comarca valdeorresa, e máis en concreto Vilamartín (no Paladium) para celebrar a cata final das Distincións Gallaecia 2017. Neste concurso, que comezaba cunha cata previa nos meses de xuño, xullo e agosto polas diferentes denominacións de orixe, participaban nesta edición 669 viños e destilados galegos e montábanse 16 paneis de cata formados por 48 catadores galegos, ademais de por sumilleres de Madrid, Castela e León, Asturias e Reino Unido.
Dese conxunto de viños pasaban á cata final unha selección de viños que volvía a ser valorada polos técnicos. En total outórganse 77 Distincións Gallaecia, das cales 50 corresponden a viños de denominacións de orixe ourensás. Así a D.O. Valdeorras vén de conseguir 14 distincións, O Ribeiro 16, a Ribeira Sacra 12 e Monterrei 8. Ademais colleitan tamén distincións un total de 29 destilados.
Neste caso o panel de cata estaba formado 14 catadores, eran aqueles que tiñan participado no maior número de catas previas deste ano e por técnicos dos consellos reguladores:
• Luis Paadín (Presidente Gallaecia – Autor de la Guía de Vinos de Galicia)
• Alejandro Paadín (Secretario General Gallaecia – Gerente Servino Consulting)
• Pedro Sestayo (Tesorero Gallaecia – Formador de hostelería)
• Javier Facal (Sumiller-jefe de bebidas del Grupo El Huerto)
• Juan Carlos Liste (Formador de hostelería-Consultor Vinícola)
• Luis Javier López (Sumiller La Cantina del Almacén)
• Julio Blanco (Propietario La Cantina del Almacén)
• Eduardo Ucha (Sumiller del rest. La Marina Dávila)
• Carlos Ximénez (Enólogo – Formador)
• Rebeca André (Miembro del panel de calificación D.O. Monterrei)
• José Dopazo (Miembro del panel de calificación D.O. Rías Baixas – Sumiller Makro Galicia)
• Xosé Carballido (Miembro del Comité Certificación D.O Ribeiro)
• Jorge Mazaira (Director Técnico D.O. Valdeorras)
• Santiago Pérez (Técnico del C.R. D.O: Valdeorras)
DISTINCIÓNS GALLAECIA 2017 POR DDOO