EconomíaEconomíaÚltima hora

Medio Rural e o Concello de Larouco avanzan na súa colaboración en materia de recuperación de terras

 

A Consellería do Medio Rural impulsa a mobilidade de terras no concello de Larouco, nas zonas de Freixido e Seadur. Así o puxo en valor esta tarde a titular do departamento, María José Gómez, nunha reunión de traballo coa alcaldesa desta localidade, Patricia Lamela, na que tamén estivo presente a directora da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez. A maiores, abordaron algunhas cuestións vencelladas con actuacións en materia forestal, co fin de seguir avanzando na ordenación do territorio, tanto agrario como forestal.

Neste sentido, María José Gómez destacou que os instrumentos para a recuperación e posta en produción de terras de boa capacidade produtiva, que se encontren en estado de abandono ou infrautilización ou sexan susceptibles de optimización, coa finalidade de constituír áreas de explotación que garantan a súa rendibilidade, é un obxectivo prioritario para a consellería.

Artigos relacionados

Back to top button