ConcellosÚltima hora

Medra a recollida selectiva de papel, vidro e envases no Barco

O Concello ten previsto poñer en marcha este ano campañas concretas para continuar coa mellora da reciclaxe no municipio

Contedores de diferente tipo de residuos nunha céntrica rúa do Barco.

 

As campañas de concienciación que se veñen promovendo dende o Concello do Barco para fomentar unha correcta separación dos residuos domésticos, tanto na casa como logo nos contedores, parecen estar dando os seus froitos. Polo menos é o que reflexan os datos.

“No ano 2019 incrementouse en algo máis dun 2% o depositado de lixo para o reciclado, tanto no servizo de recollida de residuos a domicilio como no punto limpo existente na localidade”, segundo o Concello do Barco, “as subas foron especialmente significativas no caso dos envases e do vidro, mentres que no papel e cartón o incremento foi máis pequeno”, segundo o Concello do Barco.

Ademais dende esta administración local destácase que o traballo de divulgación realizado “deu como resultado un incremento paulatino dos niveis de reciclaxe no conxunto do lixo recollido no municipio, ata chegar aos datos do ano 2019, no que o peso do lixo total procesado, procedente dos fogares barquenses chegou a 5.202.557 quilos, o que supuxo un 2,09 por cento máis que no ano 2018. Desta cantidade, 4.306.210 quilos foron fracción resto (un 0,67% máis). Desta cantidade, 164.460 quilos corresponden ao vidro depositado nos contedores, cun incremento do 6,22 por cento neste material, e 185.410 quilos a envases, cunha subida do 12,80 por cento. O papel e cartón recollido en contedores pesou case 234.000 quilos, (un 3,30 % máis), pero a recollida de cartón porta a porta nos comercios descendeu un 18,%, con 21.790 quilos. Non obstante, o total de papel e cartón supuxo un incremento dun 1%”, segundo o Concello.

Para este ano está prevista a posta en marcha de campañas concretas no Barco para continuar coa mellora da reciclaxe no municipio, buscando de xeito concreto mellorar na recollida de papel, cartón, vidro e envases, segundo anuncia o Concello.

Artigos relacionados

Back to top button