ConcellosÚltima hora

MEISA aproba o prego para a contratación da xestión da Estación de Montaña Manzaneda

O contrato terá unha duración de tres a os e os solicitantes deberán cumprir cunha serie de condicións para o mantemento das instalacións

Esquiadores na Estación de Montaña Manzaneda.

 

Na reunión de celebrada telematicamente, na mañá deste 20 de maio, o consello de administración de MEISA, Manzaneda Estación de Inverno, S.A., aprobaba o prego de condicións para a “contratación da xestión integral das instalacións da estación de montaña” que comprende as tarefas administrativas e as referidas á práctica de deportes de inverno, outros deportes, ocio e esparexemento, así como a explotación do servizo de restauración e aloxamento.

O contrato terá unha duración de tres anos e o adxudicatario deberá cumprir, entre otras, coas seguintes condicións: manter as infraestruturas e equipamento de MEISA nas debidas condicións; dar continuidade á explotación das instalacións; ofertar, como mínimo, deportes de inverno para todas as idades, así como servizo de restauración, de actividades, de piscina e SPA con aloxamento; abonar os importes correspondentes aos gastos correntes das instalacións, así como os gastos de limpeza, conservación, reparación e mantemento. A estación de montaña deberá manter a denominación comercial “Estación de Inverno Manzaneda”; ademais de manter actualizada a páxina web da que dispón MEISA, así como as redes sociais.

 

Videoconferencia de Manuel Baltar e Ánxeles Cantón cos representantes de MEISA.

 

O anuncio de licitación publicarase no perfil de contratante de MEISA e as proposicións deberán presentaranse no prazo de trinta e cinco días naturais contados dende o día seguinte ao da publicación.

 

Artigos relacionados

Back to top button