ConcellosManzanedaÚltima hora

Melchor, Gaspar e Baltasar percorren a vila de Manzaneda

Despois da cabalgata saudaban e agasallaban aos meniños no Centro de Día

 

Cargados de agasallos, caramelos e moita ilusión, chegaban nesta tarde de 5 de xaneiro os Reis Magos de Oriente á vila de Manzaneda. Tras unha cabalgata pola vila, que se viu acelerada pola chuvia e que contaba coa colaboración de Protección Civil, Melchor, Gaspar e Baltasar encamiñábanse cara o Centro de Día onde, en medio dunha gran expectación, eran agardados polos nenos e nenas do municipio, acompañados dos seus pais e nais.

 

 

Unha vez así, tras recibir os saúdos da cativada, entregábanlle os seus agasallos. Despois, os asistentes desfrutaban dunha chocolatada.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button