CulturaCulturaÚltima hora

Melchor, Gaspar e Baltasar percorren Quiroga nun tren turístico

 

Quiroga celebraba este venres día 5 por todo o alto a chegada das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente. Primeiro achegábase ata o Centro de Día da Ribeira e a Residencia da Terceira Idade e a partir das seis da tarde a comitiva coas Súas Maxestades percorría a rúa Real en tren en lugar das tradicionais carrozas, dende a Casa da Cultura ata o Auditorio Municipal.

 

 

No auditorio todos os nenos e nenas puderon falar cas súas maxestades e recordarlle as súas peticións para esa noite. Non faltaron unha bolsa con caramelos para os nenos que se encargaron de entregar os paxes e para rematar todos os que o desexaron foron convidados a chocolate con churros.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button