ConcellosÚltima horaVilariño de Conso

Melisa Macía (PP) afronta un novo mandato como alcaldesa de Vilariño de Conso

 

O salón de plenos do Concello de Vilariño de Conso acollía a partir das 11h. deste sábado 17 de xuño a sesión para conformar a nova Corporación municipal para a lexislatura 2023/2027. O pleno comezaba coa constitución da mesa idade, e, de seguido, procedían a tomar posesións dos seus cargos os concelleiros que resultaban electos nos comicios do pasado 28M neste municipio: 6 do PP e 1 do BNG.

Logo, procedíase á elección de alcalde, resultando electa a candidata do PP, Melisa Macía Domínguez, que inicia deste xeito o seu terceiro mandato á fronte da alcaldía de Vilariño de Conso e faino ademais consolidando a súa maioría absoluta. A primeira vez que accedía a este cargo era no 2017, tras a renuncia do seu predecesor no cargo, Ventura Sierra. Despois resultaba elixida por maioría absoluta no 2019, logrando un novo apoio maioritario o 28M.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button