EconomíaEconomíaÚltima hora

Melloras nas infraestruturas no Parque Empresarial da Raña (O Barco)

Suporá un investimento de 150.000 euros para construír unha rotonda na entrada e a reconstrución das beirarrúas, entre outras actuacións, segundo o Concello

Polígono industrial da Raña (O Barco).

 

O Concello do Barco sacará a concurso nas próximas semanas unha obra de mellora de infraestruturas no Parque Empresarial da Raña, por un importe de 150.000 euros. O Concello conseguiu unha achega económica de 120.000 euros da Xunta de Galicia para o financiamento dos traballos.

As obras consistirán na construción dunha rotonda na entrada do Parque Empresarial, xusto despois da ponte sobre o río Sil, para, por unha banda, obrigar a reducir a velocidade coa que os vehículos entran no recinto empresarial e, por outra, resolver a entrada e a saída desde as dúas primeiras rúas laterais que hai a ambos lados do parque, e que agora presentan dificultades de acceso.

Ademais, tamén se procederá á reconstrución das beirarrúas da rúa de entrada ao Parque Empresarial, que nestes momentos se atopan deterioradas, e se realizará o fresado e asfaltado en diferentes rúas do recinto onde é necesario mellorar a capa de rodadura.

Artigos relacionados

Back to top button