Galerías de fotosSanidadeÚltima hora

Melloras no Centro de Saúde de O Bolo

O presuposto das obras ascende a uns 32.000 euros dos cales o Sergas aportará o 50%

O Sergas vén de asinar dous convenios de colaboración na comarca de Valdeorras co obxectivo de reformar e acondicionar os seus centros de saúde, segundo as necesidades de cada concello.

O primeiro tiña lugar na Rúa, onde se construirá un ascensor externo para facilitar o acceso ao segundo andar. O segundo era rubricado no Concello de O Bolo polo conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña e o alcalde da localidade Manuel Corzo, para establecer as bases para o desenvolvemento das obras de acondicionamento e posta ao día das instalacións do centro de Atención Primaria desta localidade.

Neste caso, o orzamento dos traballos será de 32.097,68 euros, dos que o 50% será achegado polo Servizo Galego de Saúde e o outro 50% polo Concello. O prazo estimado de execución das obras é de dous meses, e o seu inicio está previsto no prazo dun mes dende a sinatura do convenio que tiña lugar na mañá do 2 de agosto, coa asistencia ademais da delegada da Xunta, Marisol Díaz; e da xerente da xestión integrada ourensá, Eloína Núñez.

As obras centraranse na accesibilidade e na mellora do illamento contra o frío e á humidade.

Artigos relacionados

Back to top button