OurenseÚltima hora

Melloras no parque infantil de Parada de Sil

 

O 7 de novembro concluíase a remodelación do Parque Infantil de Parada de Sil, que se atopa no antigo Campo da Feira, entre carballos centenarios. Nesta actuación promovida polo Concello e executada pola empresa Díaz Caldelas, colocáronse columpios novos, rampas deslizantes e repúxose a valla de peche do mesmo, entre outras actuacións.

“Para evitar problemas coa área do chan colocouse unha base de formigón con mallazo e sobre el unha prancha de caucho de distinto colorido para chamar a atención dos nenos e mesmo contribuír a que estean máis cómodos evitando golpes nas caídas”, segundo o Concello de Parada de Sil. Esta obra tivo un importe de 10.038 euros e formaba parte doutra dentro dunha subvención de mellora de infraestruturas.

Por outra banda, o Concello de Parada de Sil tamén promove outras iniciativas como o comezo inmediato das obras do espazo de lecer para nenos que deberá estar rematado para xuño e “para o que o pasado mércores se asinou en notaría a compra do edifico no que estará ubicado xa que, como ven sendo habitual neste municipio, óptase por rehabilitar edificios antigos e non construír de novo”, segundo o Concello de Parada de Sil.

Artigos relacionados

Back to top button