ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Melodías e danzas tradicionais para festexar o Día da Letras Galegas en Manzaneda

O programa incluía actuacións de baile na residencia da terceira idade, así como de pandeireteiras no local da Rebusca e concertos de música galega

A tradición e a música galega protagonizaban a conmemoración do Día das Letras Galegas en Manzaneda na xornada do venres 17 de maio. O programa comezaba a partires das seis da tarde cunha actuación de baile tradicional na residencia da terceira idade desta vila a cargo dun grupo de danzantes moi noviños.

Os ritmos tradicionais continuaban ás sete da tarde no local da Rebusca coa actuación das pandeireteiras da Rebusca e de nenas e mozas. A celebración continuaba arredor as oito desta volta coa voz e as melodías do cantautor  Xosé Constenla.

E, como broche do programa, en torno ás once da noite o local da Rebusca acollía o concerto de “música tradicional furtiva” de Tanto nos Ten. Este actos foron organizados pola Asociación Cultural A Rebusca en colaboración co Concello de Manzaneda.

Fotos: cedidas/ Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button