A Librería Celia de Quiroga acollía na tarde do 29 de agosto a presentación de “Magnolias para Andrea”, o libro de literatura erótica escrito pola valdeorresa Ofir Enríquez, que asina as súas obras como Mencía Yano.
O acto resultaba un éxito de participación e de vendas. “Acudiu moitísima xente coa que, a parte de facer fotografías e asinar libros, mantiven unha charla na que como autora contestei a numerosas preguntas que me fixeron, tanto do libro, porque moitas persoas xa o leran, como de min mesma como escritora”, comenta Mencía Yano, que tamén agredeceu a boa disposición e acollida de Celia, a propietaria da librería, para levar a cabo a presentación.