CulturaCulturaÚltima horaVídeos

O Casino do Barco recupera a actividade cultural coa presentación das ‘Nostalgias’ de María Luisa Valcarce

A escritora valdeorresa vén de sacar á luz este libro de poemas, a súa terceira publicación

 

Dous meses despois do incendio que afectou especialmente á zona alta do edificio, a Sociedade Casino do Barco recuperaba a actividade cultural. Facíao na tardiña deste venres 15 de novembro coa presentación do libro Nostalgias, a terceira obra literaria da barquense María Luisa Valcarce Fernández.

 

 

Trala publicación de Historias y vidas de la familia Álvarez Carballo (2015) e Nosotras (2024), presentado  tamén no Casino, María Luisa saca agora á luz este poemario que acolle algunhas das súas nostalxias en forma de poemas. “Dende tempo atrás e en papeis desordenados, desafiando o branco folio sempre provocador, están uns versos sinxelos, pobres, sen rima nin acerto; expresións de sentimentos en distintos momentos da miña vida, que estaban sobre a miña mesa ata que un bo amecer pensei en ordenar”, dixo, tras agradecer unha por unha a todas as persoas que a axudaron e levaron ata este momento.

 

 

Foi un acto sinxelo e familiar e se a súa filla, Yael (vicepresienta do Casino) era a encargada de dar a benvida aos asistentes, a súa irmán Margot presentaba á protagonista dende varias perspectivas. Falou da irmá, destacando a súa “xenerosidade que a define e tamén a perde”; da amiga cuxa “dispoñibilidade sen condicións faia insustiuíble, tolerante como condición natural reforzada pola súa formación como profesora”, destacando a súa “memoria prodixiosa para as datas e acontecementos pero ningunha para o odio e o rencor”; e tamén da escritora, atopándose “aínda nun estado de crise subxacente, insegura pero valente, xa que producir un terceiro libro non é tarefa menor e esconde moitas horas de traballo e adicación que hoxe saen á luz”.

 

 

Sobre o libro, maquetado e editado por Javier Gómez de Nós e coa portada deseñada por Carolina Jiménez (ambos presentes tamén no acto), Magot destacou a súa esencia, definida polo propio título, “nostalxia do que xa non é, do que xa non está, en conxunto, un reproche ao tempo que non para”.

 

 

Contén 87 poemas de diferente métrica. “Ccada un é un canto único ás persoas como centralidade, á convivencia, ao que a envolve e ás emocións emerxentes de diferentes evocacións en torno a celebracións, tradicións, cerimonias e observacións do cotián”. En definitiva, trátase dun conxuto de poemas “fráxiles, sinxelos, unha loita por comprender as perdas e as ausencias”.

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button