Vilamartín de Valdeorras está en festas e aproveitando a mañá deste soleado domingo 21 de abril, o ANPA do CEIP Xosé Manuel Folla Respino organizaba unha nova edición do seu “Mercadillo Reciclar’te” aberto dende as 11 ata as 15 horas na praza José Luis Núñez.
Unha animada praza que se enchía de música tradicional e postos de artesanía, de productos típicos e non típicos, oportunidades, licores, viño, artigos de segunda man, plantas,… Todo un abano de posibilidades para todo aquel que se achegue.
A sesión vermú de hoxe corre por conta da Charanga Río Leira.
Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver