Todo a punto para a celebración nesta fin de semana do Mercadiño de Nadal de Rubiá, que se abrirá ao público os días 4 e 5 de decembro nunha enorme carpa, instalada na praza do Concello. Deste xeito esta iniciativa, promovida polo Concello, cumprirá a súa quinta edición, logo do obrigado parón do 2020 pola pandemia do Covid.
O Mercadiño do Nadal abrirase ao público a partir das 16h. do sábado 4 de decembro e pecharase ás 20h. Ademais ás 19h. haberá chocolatada para os asistentes. No interior da carpa poderán visitarse ata 17 postos diferentes de produtos gastronómicos (pan, doces, etc.), así como de artesanía e agasallos.
Na xornada do domingo o mercadiño funcionará de 12h. a 14h. e de 16h. a 20 h. E pola tarde, ás 19h., haberá magosto.