PolíticaÚltima hora

Merelles destaca o “compromiso do PP coa conservación e posta en valor do patrimonio valdeorrés”

O candidato popular, visitaba xunto a Ángeles Vázquez e un nutrido grupo de membros do PP na provincia, visitou esta tarde o santuario das Ermitas, no Bolo, “unha xoia do noso barroco”

 

“O interior galego posúe singularidades diferenciadoras que o fan especialmente atractivo como destino turístico”, sinalou Xosé Manuel Merelles, número 11 da candidatura do PP pola provincia de Ourense, logo de visitar xunto a Ángeles Vázquez, vicepresidenta 2ª da Xunta, e un grupo de membros do seu partido na provincia o santuario das Ermitas (O Bolo), “unha xoia do noso barroco”, na que se levan investido dende o ano 2009 máis de 915.000 en obras de mellora e actuacións de optimización da súa contorna. Na actualidade, estase a promover unha intervención neste emprazamento por preto de 520.000 euros.

“A articulación de políticas de promoción turística axeitadas e aliñadas conforme aos activos autóctonos de cada territorio constitúe unha prioridade para o PPdeG”, afirmou Merelles, quen tamén manifestou o compromiso do partido coa “protección do noso patrimonio”.

Segundo Xosé Manuel Merelles, “un Goberno autonómico liderado por Alfonso Rueda é garante para que a Galicia interior, en xeral, e Valdeorras, en particular, poida despregar todo o seu potencial” e converterse “nun destino preferente para a chegada de visitantes atraídos”, precisamente, polas peculiaridades de seu desta comarca: enogastronomía, activos industriais e patrimonio arquitectónico e natural, entre outros.

 

Artigos relacionados

Back to top button