SanidadeÚltima hora

Mesa da AECC da campaña polo Día Mundial da Investigación en Cancro, no Barco

Situábase entre as 10h. e as 12h. na entrada principal do Hospital Público de Valdeorras

 

No marco da campaña polo Día Mundial da Investigación en Cancro, a Asociación Española Contra o Cancro (AECC) de Ourense está a desenvolver nestes días unha serie de accións para poñer o foco, de xeito especial, “nos tumores con baixa supervivencia e nos cancros pouco frecuentes, visibilizando así, a realidade á que se enfrontan pacientes e familiares”.

Entre elas está a instalación de mesas informativas da campaña en diferentes puntos da provincia. É o caso da que se situaba estaba na entrada principal do Hospital Público de Valdeorras.

O obxectivo desta campaña “é continuar traballando para conseguir a equidade en investigación e así, conseguir que tumores con supervivencia menor ao 30% e os pouco frecuentes teñan unha investigación ao 100%”.

Nestes momentos, a AECC financia 525 proxectos de investigación relacionados co cancro nos que traballan preto de mil investigadores e que supoñen un importe de 92 millóns de euros. Destes 525 proxectos, 95 investigan cancros de baixa supervivencia e 18 estudan cancros pouco frecuentes.

Máis información sobre a campaña e a AECC:

695 665 172/ 900 100 036
ourense@contralelcancer.es

Fotos: O SIL.

Artigos relacionados

Back to top button