CulturaCulturaÚltima hora

“Mesa Redonda: Covid-19 e cultura en Verín”, o 28 de decembro no Auditorio desta vila

Trátase dun encontro entre os axentes culturais da comarca de Verín co fin de establecer un diálogo sobre os camiños a seguir tras a pandemia

Imaxe do Auditorio de Verín./ Foto cedida.

 

O Auditorio Municipal de Verín acollerá o 28 de decembro ás 20h. o evento “Mesa Redonda: Covid-19 e cultura en Verín”. Trátase dun encontro entre os axentes culturais da comarca de Verín co fin de establecer un diálogo sobre os camiños a seguir tras o Covid-19. A actividade xorde das mans de Farlopa.Fanzine e conta coa colaboración de Akasha Laboratorio Audiovisual e co apoio do Concello de Verín.

Este evento, “de carácter completamente altruísta, nace como resposta á demanda de crear un punto de encontro e debate para os distintos axentes culturais da comarca. Permitirá a posta en común das diferentes visións para afrontar a situación derivada do último ano e procurará servir como motor para motivar futuras iniciativas a través da colaboración entre as entidades involucradas”, explican os seus promotores

Así mesmo, a “Mesa Redonda: Covid-19 e cultura en Verín” tamén dará voz aos artistas locais mediante a exhibición de diferentes obras ao longo do evento. Contará coa presenza de varios axentes culturais da comarca convidados para mostrar os diferentes sectores e puntos de vista da situación actual.

 

 

“Mais a idea do evento é que todos os interesados poidan participar dalgún modo. Por iso, será retransmitido en directo e poderá ser visualizado a través da canle de You Tube de Farlopa Fanzine e das redes sociais dos participantes grazas á realización de Akasha Laboratorio Audiovisual. Con isto buscase dar a posibilidade de participar en todo momento no diálogo tamén dende a casa. Unha moderadora online recollerá os comentarios do streaming e compartiraos cos asistentes no auditorio”, adiantan os organizadores.

Ademais, aqueles axentes que queiran asistir ao debate de xeito presencial poderán escribir ao correo farlopa.fanzine@gmail.com antes do 27 de decembro. O aforo no auditorio será limitado co fin de poder manter as medidas sanitarias precisas.

A mesa tamén pode seguirse en directo a través de Youtube no seguiente enlace https://youtu.be/HlOs2wIvK8I

Artigos relacionados

Back to top button