Eleccións Xerais 26-XGalerías de fotosPolíticaÚltima hora

O candidato popular ao Congreso por Ourense visita Valdeorras

Miguel Ángel Viso asistíu a varias empresas da Rúa e Rubiá na mañá do 17 de xuño

Despois do primeiro mitin da campaña ás eleccións xerais celebrado na Rúa o 10 de xuño, o candidato do Partido Popular ao Congreso por Ourense, Miguel Ángel Viso, regresaba a Valdeorras acompañado polos deputados provinciais Celso Delgado e Moisés Blanco.

Facíao na mañá do 17 de xuño para visitar tres empresas de referencia na comarca. Primeiro a fábrica Peyma (peixe, produtos artesáns de panadería,…) e despois a adega A Coroa, ámbalas dúas no termo municipal da Rúa. Pasadas as doce e media, chegaban ata a fábrica de Lambone en Rubiá, onde foron guiados polo interior da fábrica de pastelería ultraconxelada.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button