OurenseÚltima hora

Mikel Erentxun actuará en Ourense no marco da “ICC Week” 2018

O Marco das Industrias Culturais e Creativas desenvolverase entre o 2 e o 5 de maio
Manuel Araujo, Manuel Baltar e Juan Rivas na presentación do festival.

A provincia de Ourense convertirase un ano máis en punto de encontro da vangarda creativa audiovisual e cultural da man da “Ourense ICC Week”, o Marco das Industrias Culturais e Creativas que organiza a Deputación de Ourense e que reúne a centos de persoas, entre expertos e entusiastas da innovación, ao longo dunha semana en diferentes puntos para debater, analizar e gozar coas últimas propostas que os mercados e a tecnoloxía poñen a disposición do público.

Entre os días 2 e 5 de maio a “Ourense ICC Week” 2018 desenvolverá un amplo programa de actividades, cun cartel que aglutina música, videoxogos, humor, e historia mesturando a innovación dos debates e dos temas a tratar, coa tradición dos lugares emblemáticos da provincia de Ourense que acollerán ditas actividades.

 

Mikel Erentxun actuará o 4 de maio no Teatro Principal de Ourense.

A inauguración da Semana das Industrias Culturais e Creativas, na que se falará dos “Mundos deseñados”, será o mércores, 2 de maio, ás 18 horas, no Centro Cultural “Marcos Valcárcel”. A presentación e apertura da xornada correrá a cargo do presidente da Deputación de Ourense. A continuación, a fotógrafa e deseñadora, Bárbara Ouka Leele; o axitador cultural, Paco Clavel; e o documentalista e comisario cultural, Juan Sánchez, abordarán a temática da “Arte nas portadas”, e despois, será a quenda para a ilustradora, deseñadora gráfica e Motion Grapher, María Grande e o deseñador gráfico, Javier Mariscal, quen exporán a cuestión da “Cultura do deseño”. Ese mesmo día, a partir das 21 horas, será a quenda para o apartado musical da xornada, nesta ocasión, a cargo do grupo Morgan, no Teatro Principal da Deputación de Ourense.

A partires de aí sucederanse as actividades entre as que destaca o concerto que Mikel Erentxun dará o venres 4 de maio ás 21:30 horas, no Teatro Principal.

Máis información: https://ourenseiccweek.com/es/

Artigos relacionados

Back to top button