ConcellosEn portadaEntroido 2025Galerías de fotosÚltima horaViana do BoloVídeos

Miles de persoas asisten á Festa da Androlla de Viana no seu 53º aniversario

 

Nunca falla e nesta ocasión menos que nunca. En poucas horas se esgotaban as 3.000 entradas dispoñibles para a 53ª edición da Festa da Androlla que na xornada deste domingo 2 de marzo completaba o día grande do Entroido en Viana do Bolo, tralo desfile de folións dende o Toural ata a praza Maior.

 

 

Con moito retraso (o último folión saía pasadas as dúas e media da tarde), comezaba esta edición da cita gastronómica que reunía a miles de persoas no pavillón polideportivo municipal cun menú composto por consomé, androlla, chourizo, lacón, grelos, patacas e cordeiro con leituga, ademais de bica, café, queimada e chupitos.

 

 

Entre os asistentes moitos alcaldes da contorna e autoridades políticas entre elas o director de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles e o delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo.

 

 

Fotos: Mónica G. Bellver salvo as dúas últimas da galería que son cedidas
Vídeos cedidos.

 

Artigos relacionados

Back to top button