Dende o Hospital de Verín, e facendo unha longa ringleira “para simular as nosas esperas”, partía pasadas as seis da tarde do 24 de marzo unha multitudinaria manifestación en defensa da sanidade pública na comarca de Monterrei e baixo o lema “Non somos números, somos persoas”.
Coreando consignas como “queremos un hospital con medios e persoal”, os manifestantes, que desafiaban ao frío e á chuvia, dirixíanse ata a praza Maior, onde tiña lugar a lectura dun manifesto. Entre os asistentes, ademais de membros do goberno municipal de Verín como o seu alcalde, Gerardo Seoane, e o tenente de alcalde, Diego Lourenzo, estaba tamén o secretario xeral dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero.
Fotos: Carlos Montero, agás a última.