CulturaCulturaÚltima hora

Miro Villar fai unha re-lectura da obra do poeta Florencio Delgado Gurriarán

Impartía unha conferencia na Coruña dentro das actividades de Valdeorras Infinda e a Agrupación C. Alexandre Bóveda

 

Miro Villar analizará a obra poética de Florencio Delgado Gurriarán. Partindo do seu artigo de 2006 -na revista Raigame-, “O macrotexto poético en galego de Florencio Delgado Gurriarán”, Miro Villar realizaba unha (re) lectura da obra deste poeta galego no exilio mexicano na conferencia que impartía o pasado venres na Coruña, na sede da Agrupación Cultural Alexandro Bóveda. Villar expoñía este estudo -da súa autoría- que en forma de libro vén de publicar en Edicións Xerais.

O relator é doutor en Teoría da Literatura e Literatura Comparada, profesor de Lingua e literatura galegas, poeta, narrador, tradutor e crítico literario. É un dos primeiros estudosos da poesía de Florencio Delgado Gurriarán e un referente para coñecer e entender a obra do escritor valdeorrés ao que se lle dedicarán as Letras Galegas deste ano 2022.

Este relatorio formaba parte das actividades que están a organizar na Coruña o colectivo Valdeorras Infinda e a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda. Neste acto Villar era presentado polo filólogo e docente Manuel Agra.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button