EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A misión alemá da CEO catará caldos da D.O. Valdeorras

Hoxe coñeceron os viños da Denominación de Orixe do Ribeiro
Nino Dell’Orto e José Carlos Varela degustan queixos ourensáns.

A Confederación de Empresarios de Ourense (CEO) está a promover estas semana o sector agroalimentario e vitivinícola da provincia no mercado alemán a través da visita de dous importadores, dentro do ciclo OURENSE EXPORT. A axenda comercial deste mércores permitiulles continuar visitando empresas agroalimentarias, “tras quedar moi impresionados onte polas cervexas artesás da provincia, líder na produción e comercialización de este produto a nivel nacional”, sinalan dende a CEO.

Hoxe chamoulles a atención os viños da D.O. Ribeiro, que consideran “moi aromáticos e con moitas connotacións” aínda que destacaron a importancia de contar con etiquetas de presentación coidada e corte clásico para triunfar entre os consumidores xermanos. Tamén esperan poder introducir os queixos galegos e ourensáns no mercado teutón, tal e como sinalaron na súa visita á fábrica Acebedo do Río, tras constatar a súa grande calidade durante a súa axenda comercial.

Ao longo da xornada de mañá poderán coñecer o pulpo galego, do que dixeron que nestes momentos está a experimentar un grande auxe entre os consumidores xermanos. Tamén catarán viños da D.O de Valdeorras, concretamente os godellos.

 

Artigos relacionados

Back to top button