Galerías de fotosSanidadeÚltima hora

Mobilización no Barco en defensa da carreira profesional do persoal do Sergas

Ás 13:30h. do 5 de abril tiña lugar no exterior do Hospital Comarcal Valdeorras, no Barco, a primeira das mobilizacións que CIG-Saúde ten convocadas en Galicia para “esixir do Sergas un cambio na negociación da carreira profesional e que ésta recoñeza o desempeño do traballo profesional, tal e como foi concibida”.

Tamén se recorda dende este sindicato que a carreira profesional está “recollida na Lei de Ordenación das Profesións sanitarias e no Estatuto Marco do Persoal dos Servizos de Saúde como un recoñecemento progresivo que acada o profesional pola súa dedicación, pola innovación e polas responsabilidades e compromisos coa organización adquiridas ao longo da súa vida profesional”.

As mobilizacións convocábanse no Barco e tamén na porta do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), ademais de na Coruña, A Mariña, Barbanza, Cee, Ferrol, Lugo, Pontevedra e Vigo. Continuarán os vindeiros 12, 19 e 26 de abril, segundo se informa dende CIG-Saúde.

Artigos relacionados

Back to top button