ConcellosO BarcoÚltima hora

Mobilizados os equipos de emerxencia por un aviso de escape de gas no Barco

Finalmente, e as tras necesarias comprobacións, verificábase que se trataba dunha falsa alarma

 

Arredor das 13:15h. deste domingo 14 de abril o aviso dun posible escape de gas na rúa das Penas Forcadas do Barco mobilizaba aos equipos de emerxencia. Ata o lugar desprazábanse de inmediato a Policía Local, que cortaba ao tráfico a rúa dende Eulogio Fernández, e tamén o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) Valdeorras e os bombeiros do parque comarcal, así como responsables do  servizo de gas cidade que realizaban as comprobacións necesarias e rigorosas para asegurarse de que non se trataba dunha fuga.

O operativo remataba pasadas as tres da tarde, comprobándose que se trataba dunha falsa alarma.

 

Artigos relacionados

Back to top button