A RúaConcellosÚltima hora

Mobilízase o helicóptero medicalizado tras un accidente entre unha moto e un coche na Rúa

 

Arredor das 20:15h. deste 12 de xullo producíase un accidente de tráfico na Rúa. O sinistro tiña lugar no cruce entre a rúa Mazaira e a avenida Pablo VI da vila e nel víanse implicados un coche e unha moto. Como consecuencia do accidente resultaba ferido o condutor da moto, segundo as primeiras informacións.

Ata o lugar do suceso desprazábanse de inmediato a Garda Civil de Tráfico, o 061 Urxencias-Sanitarias, que ademais mobilizaban un helicóptero medicalizado; os voluntarios de Protección Civil da Rúa, o GES Valdeorras e os bombeiros. Tamén acudía Conservación de Estradas.

O ferido era trasladado en helicóptero para recibir atención sanitaria.

 

Foto: O SIL.

 

A estrada nesa zona permanecía cortada ao tráfico ata ás 21:30h, momento no que se restablecía a circulación na vía, tras proceder á retirada dos vehículos sinistrados.

Fotos cedidas, agás as da galería da parte superior.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button