CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Moita animación, música e solidariedade no esperado Festival 2023 do colexio Divina Pastora do Barco

 

Despois do parón ocasionado pola pandemia de Covid, o colexio Divina Pastora do Barco de Valdeorras recupera neste 2023 súas festas na honra á Divina Pastora celebrando o gran festival no que participa toda a comunidade educativa e máis xente da vila e arredores.

 

Entrega da donación a Cruz Vermella Valdeorras.

 

Con “gran entusiasmo”, na tarde do venres 5 de maio abrían as portas do pavillón onde celebraba, desde un desfile mostrando o novo uniforme do centr, ata a entrega dun donativo a Cruz Vermella do recadado cos proxectos realizados, pasando pola entrega de medallas aos gañadores dos torneos deportivos (baloncesto, fútbol e voleibol) e mesmo o sorteo dunha bicicleta.

 

Entrega de medallas.

 

Con todo o acto central eran os bailes dos alumnos. Music Dance Festival para os de Infantil; ¡Viva México!, Aquellos maravillosos años 70, Ketchup Five e Mucho feeling, para os de Primaria; realizando a actuación final os mozos e mozas de 4º da ESO (promoción que se gradúa este ano) con As nosas cancións que poñían o broche a tan esperado festival.

 

Alumnos de 4º, promoción que se gradúa este ano.

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button