
Co mes de xuño ás portas aproxímanse tamén as celebracións na honra a San Antón, abogado entres outras moitas cosas da mozas casadeiras, en moitas localidades e barrios galegos.
Un exemplo témolo no Barrio do Toural, en Viana do Bolo, que ten preparado un completo e atractivo programa que conta cun destacado apartado musical e que arrancara xa o xoves 9 de xuño coa colga de bandeiras para darlle o toque festivo.
O venres 10 de xuño a charanga vianesa Tomalleoutra fará un pasarrúas a partir das 21 horas e xa pola noite, a partir das 23 horas aproximadamente, será o grupo Superstar o que amenice a sesión verbena. O sábado 11 de xuño serán a orquestra New York e DJ Tariro quenes poñan ritmo ás sesións de tarde e verbena. Ese día ao longo da festa haberá sorteos de rifas e pola noite unha sesión de fogos artificiais iluminará o ceo de Viana.

Así chegaremos ao día grande das Festas de San Antón 2022, o domingo 12 de xuño, con procesión ás 12:30 horas dende a igrexa ata o Campo do Toural acompañada pola Street Band Fuego. A mesma charanga será a encargada de amenizar a sesión vermú e tamén o baile pola tarde a partir das 19 horas.
Ese día a charanga Alegría dará un pasarrúas por Viana e durante a fin de semana haberá tiro ao prato. O sábado pola tarde e o domingo pola mañá serán os adestramentos e o domingo a partir das 15:30 horas serán as tiradas.