En menos dun mes, a praza Maior do Barco volvía acoller a Festa do Casco Vello. O mal tempo truncaba os actos do segundo día desta celebración, o 23 de xullo, que se retomaban na noitiña deste sábado 20 de xullo.
Así, a partires das 21h. soaba a música de Broke Accustic Covers (Román e Toño), mentres a praza comezaba a encherse de público que acompañaba á música con gastronomía. Había costela ao forno e paella a un prezo de 10 euros (en venda anticipada de entradas) e de 12 euros en taquilla.
A música continuaba ás 22:30h. con Monos in Armas (funk trío) e a medianoite con Los Alcántara.
Fotos: Carlos G. Hervella.