Esta tarde a selección española, que dirixe Lucas Mondelo, de orixe valdeorresa, afrontaba unha nova e decisiva cita no mundial de basket feminino que se está a desputar en Turquía dende finais de setembro. Lograba vencer a China e coarse nas semifinais nun importante partido e, por riba, con nota: 71-55.
O conxunto español estréabase con forza o 27 de setembro en Ankara fronte a Xapón. Non lle daba tregua ás niponas e completaba o tempo de xogo cun brillante marcador de 50 a 74 puntos. E amosábanse, de novo, imparables fronte a Brasil, rematando o encontro cun envexable marcador de 83 a 56.
O día 30 de setembro o equipo de Mondelo despregaba de novo a súa calidade deportiva con solidez e lograba a súa terceira vitoria na primeira fase do Ankara Arena, cun resultado de 67 a 43, fronte á República Checa.
Xa dende o inicio do mundial varios familiares seus desprábanse dende Valdeorras para acudir a cada un dos encontros e animalo dende as bancadas. O pase a cuartos de final de España celebrábano na tarde do 30 de setembro cun brinde de licor café do Turi-Careca. Agora agardan acontecementos.
Tamén acompañaban a Lucas Mondelo nun ilusionante encontro fronte a China que lle abría o camiño das medallas. Ademais canda eles estarán os pais de Lucas, que xa se encontran en Estambul.
Texto: Ángeles Rodríguez
Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.