DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Montealegre (Portugal) abre o campionato do mundo de rallyecross

A proba automobilística de referencia a nivel europeo foi presentada en Ourense

Cun dos circuítos máis espectaculares do continente a disposición dun elenco estelar de pilotos, a organización espera que miles de persoas acudan ao reclamo de pilotos como Sébastien Loeb, Petter Solberg, Timmy Hansen ou Ken Block, no rallyecross que se disputará esta fin de semana na localidade portuguesa de Montealegre.

Precisamente o norteamericano Ken Block (coñecido polas xincanas en YouTube con experiencia no mundial de rallyes), foi o convidado de honra na presentación da cita deportiva celebrada na tarde do 14 de abril no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense, un acto ao que acudían numerosos afeccionados e que contou asemade coa presencia do alcalde da cidade, Xesús Vázquez; do vicepresidente da Câmara Municipal de Montalegre, David Teixeira; do concelleiro de Deportes de Ourense, Mario Guede; da delegada territorial da Xunta de Galicia, Marisol Díaz; e dos representantes das entidades colaboradoras da carrera, o Inorde e Expourense, José Manuel Rodríguez e Alejandro Rubín.

Esta modalidade automobilística conxuga a competición en circuíto co rallye e a carreira comeza mañá 16 de abril cos adestramentos e as mangas de clasificación. O domingo 17 serán as finais.

O RX de Montalegre (Portugal) presentado en Ourense ante a demanda dos numerosos afeccionados, é a primeira carreira do campionato do mundo de rallycross, que continuará en Hockenheim (Alemaña) o 7 e 8 de maio; en Mettet (Bélxica) o 14 e 15 de maio; en Lydden Hill (Reino Unido) o 28 e 29 de maio; e en Hell (Noruega) o 11 e 12 de xuño.

Fotos: Belay

Artigos relacionados

Back to top button