EconomíaEconomíaÚltima hora

MONTGLAM, unha nova tenda de moda feminina e complementos no Barco

Este establecemento vén de abrir as súas portas no número 17 da céntrica avenida Conde Fenosa

 

Dende roupa casual feminina ata vestiario para eventos e festas. MONTGLAM é unha nova tenda de moda e tamén de complementos que vén de abrir as súas portas no Barco, na céntrida avenida Conde Fenosa, número 17. Trátase dunha inicaitiva familiar, impulsado por Montse Fernández, que, despois de moitos anos traballando no comercio da moda en Valdeorras, decidíase a emprender e crear a súa propia tenda.

“Temos unha gran variedade de roupa para unha gran gama de idades, dende mozas ata persoas maiores, tamén contamos con tallas grandes e ofrecemos un asesoramento personalizado”, explica a responsable da tenda.

 

 

Este novo establecemento inaugurábase esta tarde e a partir de agora disporá dun horario de atención ao público que vai de 10h. a 13:30h. e de 14:30h. a 20:30h. de luns a venres e de 10h. a 13:30h. no caso dos sábados.

Fotos: A.R.

 

Artigos relacionados

Back to top button