OurenseÚltima hora

Monumentos e edificios públicos da provincia tinguíanse de azul no Día da Enfermería

O COE súmase á proposta do Consello Internacional de Enfermeiras de acender unha candea (virtual o real) o día 11 de cada mes en memoria de todo o persoal sanitario falecido durante estes dous meses de pandemia

 

A Ponte Romana de Ourense, o Pazo Provincial, o Concello Vello do Barco, a fonte da praza de Alllariz, o reloxo da praza Maior de San Cristovo de Cea, a Casa do Concello de Pereiro de Aguiar… Son algúns lugares e edificios públicos da provincia de Ourense que na noite do 12 de maio se tinguían de cor azul no marco da celebración do Día Internacional da Enfermería.

Con este xesto os diferentes concellos ourensáns e a Deputación sumábanse a unha solicitude do Colexio de Enfermería de Ourense (COE) para conmemorar esa data tan especial.

A iniciativa, que partía Consello Xeral de Enfermería, tivo unha moi boa acollida nos concellos da provincia polo que o COE amósase moi agradecido. O colexio ourensán tamén se suma á proposta do Consello Internacional de Enfermeiras que consiste en acender unha candea (virtual o real) en memoria de todo o persoal sanitario falecido durante estes dous meses de pandemia.

Co hashtag #RecuerdaALosHéroesSanitarios quérease manter no recordo aos 35 sanitarios que morreron durante esta pandemia en España (datos da Rede Nacional de Vixilancia Epidemiolóxica), animando a través das redes sociais a que todo o mundo comparta unha candea virtual cada día 11 do mes, indica o COE.

Fotos cedidas polo COE.

 

Iluminación en Xinzo de Limia.

Artigos relacionados

Back to top button