CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

Morais e Concheiro, novos reforzos para o CD Barco que xoga esta tarde en casa contra o Estradense

Antón Concheiro:/ Foto: CD Barco.

 

Tralas baixas de Aitor Arias e Jaime Almagro, o CD Barco comezaba a reforzar o equipo. Primeiro chegaba Álvaro Hormiga Vera, porteiro ambidiestro de 22 anos natural de Fuerteventura (Las Palmas) e procedente do Burgos Promesas CF; e uns días despois o club barquense que preside Nilo Ramos anunciaba outras dúas fichaxes.

O dianteiro de 24 anos Manu Morais volve á que foi a súa casa a tempada pasada logo do seu paso por CD Don Benito da 2ª RFEF. E do mesmo club chega o mediocentro Antón Concheiro, con pasado en clubs como o Ourense CF, o CD Estradense e o Bergantiños FC.

 

Manu Morais. /Foto: CD Barco.

 

Cos novos reforzos o club que dirixe Edu Rodríguez enfrontarase esta tarde ao CD Estradense. O partido comezará ás 17:15 horas no campo municipal de Calabagueiros.

Artigos relacionados

Back to top button