SanidadeÚltima hora

MoreaShow conmemorará con teatro o Día Mundial da Sáude Mental, no Barco

A representación da obra Alicia no país será o 9 de outubro ás 11h. no Teatro Lauro Olmo
Membros de Morea o ano pasado no Día Mundial da Saúde Mental./ Foto: Mónica G. Bellver.

Os membros do grupo de teatro afeccionado MoreaShow, da Asociación AFEM Morea, subiranse de novo ao Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras coa súa obra Alicia no país, unha divertida adaptación da obra de Lewis Carroll. Desta volta farano o vindeiro martes 9 de outubro para conmemorar o Día Mundial da Saúde Mental.

O acto comezará ás 11h. coa apertura por parte do concelleiro de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade, Orlando Saavedra, seguido dunha peza tocada á guitarra por un dos usuarios e a representación da obra.

Tal como explican dende Morea, este ano a campaña vai dirixida a fomentar a saúde mental nos máis xoves. Por iso entre o público estarán os alumnos de 1º e 2º da ESO do colexio Divina Pastora e do IES Martaguisela, ademais de amigos e familiares de Morea, conscientes de que “a saúde mental é importante en todas as etapas da vida”.

Artigos relacionados

Back to top button