CulturaCulturaÚltima hora

“Morgana en Esmelle”, de Sarabela, este venres no Teatro Lauro Olmo do Barco

Presentación da nova peza de Sarabela Teatro en Ourense./ Cedida.

 

Reescribe o mito de Morgana cunha ollada contemporánea e diferente sobre o mundo artúrico e a Terra de Miranda. Así define a compañía Sarabela Teatro a súa obra “Morgana en Esmelle”, que se representará o vindeiro venres sobre as táboas do Teatro Lauro Olmo do Barco a partir das 21h.

Trátase dunha adaptación da novela de Begoña Caamaño que recibiu o aplauso de lectores e crítica (Premio Ánxel Casal, Premio Losada Diéguez, Premio ALG, Premio Nacional da Crítica). “Morgana en Esmelle” está dirixida (e adaptada) por Ánxeles Cuña e conta cun elenco formado por Quico Cadaval, Fina Calleja, Fernando Dacosta, Laura Míguez, Sabela Gago e Elena Seijo.

 

 

 

O argumento comeza cando Morgana, a medio irmá e amante de Artur entra na casa de Miranda na procura de respostas á súa infelicidade. “Coa súa dor e coas lembranzas de Merlín vaise tecendo o fío da memoria ata descubrir as razóns últimas da ruína de Avalon e da caída de Camelot”, din dende a compañía teatral.

Este espectáculo está incluído na programación da REAOU.

Artigos relacionados

Back to top button