DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Moteiros de toda España e Portugal asisten á V edición da Motoxeada, en Fonte da Cova

A concentración invernal celébrase toda a fin de semana no municipio de Carballeda de Valdeorras

A maioría veñen de Galicia, pero tamén os hai de Castela León, Andalucía, a Comunidade Valenciana o País Vasco e mesmo Portugal. Son os lugares de procedencia dos moteiros que buscando altitude, neve e bo ambiente, están a participar na V Motoxeada, o encontro invernal galego por excelencia, con base no Centro de Desenvolvemento Turístico Fonte da Cova, en Trevinca (Carballeda de Valdeorras).

Como en edicións anteriores, os preto de 400 asistentes á xuntanza moteira 2018, organizada pola asociación Motoxeada e o grupo moteiro Balas Rasas en colaboración co Concello, poden desfrutar dun completo programa de actividades que inclúe merendas, ceas, festas moteiras, rutas turísticas e sesións vermú sen esquecer a tradicional e ben acollida, degustación de porco ao espeto.

Tal como explica o presidente da asociación Javier Guerrero, o obxectivo do encontro é fomentar turisticamente a comarca de aí as rutas pola contorna que inclúen en cada edición, asegurando que a xente que vén a esta concentración é asidua a xuntanzas invernais por toda Europa “e gústalles moito Valdeorras”.

O evento remata mañá, domingo 16 de decembro, trala ruta, a sesión vermú e a entrega de agasallos e recordos desta edición.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button