DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Motoxeada consolídase en Fonte da Cova (Trevinca)

A sexta edición da Concentración Motorista Invernal reuniu a 48 motoclubs chegados de 13 provincias de España e 3 cidades de Portugal

 

O domingo finalizou a sexta edición da Concentración Motorista Invernal Motoxeada, celebrada por quinto ano  consecutivo no Centro de Desenvolvemento Turístico Fonte da Cova (Casaio).

Esta edición destacou climatoloxicamente polo forte vento incesante, acompañado de chuvia racheada en ocasións, tanto o venres, como sábado e domingo. Aínda que a temperatura non baixou dos 0 graos, a sensación térmica chegou a ser de 6 graos baixo cero. A chuvia, a humidade, o vento e o frío, fomentaron que nestas tres xornadas de convivencia, os motoristas reuníronse naa zona de acampada cuberta, na cafetería e na discoteca, e non no camping exterior, como adoita ser habitual, reunidos ao redor das fogueiras.

O venres abríanse inscripcións ás 16:00, aínda que xa pola mañá chegaran varios participantes. Instalarse, pasar pola recepción do hotel uns, habitacións, liteiras outros, montar tendas de campaña,… Así se ocuparon as horas do día. Chegada a noite a organización preparou unha merenda moteira potente, a base de callos quentiños e frebas con pan, bica de postre,e tampouco faltaron os chupitos caseiros de licor café e de herbas. Todo para combater o frío. Tamién houbo unha gran festa na discoteca de música Rock.

O sábado pola mañá saía a ruta turística, dividida en dous grupos. Ás 11:00 facíao a ruta Of Road, enfocada a motos trail, que transcorreu maioritariamente por pistas de terra, e ás 11:30 facíao a ruta xenérica, con todo tipo de vehículos, integramente por asfalto. Houbo unha parada técnica a distinta hora para repostar combustible, tomar café e estirar as pernas, e máis tarde, sobre as 13:30, as dúas rutas uníronse no Centro Social de Sobradelo, onde a xerencia de Cafetería Ponte Nova, lles tiña preparados como todos os anos, pinchos abundantes e variados, para darlles a benvida, e poder tomar xuntoás súas consumicións. Mentres tanto, en Fonte da Cova, xa se preparaba sobre a grella o porco ao espeto, para que á volta da ruta, cos vehículos aparcados, cascos e guantes gardados, xa cómodos, os participantes do evento e ol público en xeral gratis, degustasen este manxar, acompañado de viño da Cooperativa do Barco.

 

 

A media tarde, sobre as 16:30 comenzaban os xogos motieros, baseados en 2 probas: a primeira de aceleración, e a segunda de decibelios, onde se premiaba cun xamón e un estuche de viño, aos máis rápidos e ruidosos. ¡Pero ollo! Que non falamos de motos rápidas e ruidosas, senón de moteiros rápidos e ruidosos, xa que a primeira proba, a de aceleración, realizábase sobre unha moto-carretilla manual competindo en parellas, e la segunda, a de decibelios, sentados tamén nestos artefactos, a pulmón libre, berrando a palabra ¡MOTOXEADAAAA! Unha vez pasadas as risas e os aplausos, comprobados os resultados, nomeados os ganadores, e entregados os premios, chegaron os abrazos, as felicitacións e o compañeirismo, que de iso en Motoxeada hai, e moito.

Á caída da noite, dábanse os últimos retoques ao comedor, onde máis tarde se daría de comer a unhas 150 persoas un bo cocido completo, coa súa sopa e o seu postre. Na sobremesa do café, durante o sorteo de agasallos donados por Perfumería De La Puente, e estuches de viño de Hacienda Ucediños, donados por Marcos, moteiro e amigo da asociación, o aire escoitábase silbar fóra con forza, o que motivou, por seguridade, a comunicar a suspensión dos fogos artificiais na honra aos moteiros falecidos, sempre presentes na nosa mente. Tamén se aproveitou para lembrar aos presentes, que ao día seguinte, o domingo, en caso de inclemencias meteorolóxicas adversas, que se tivese precaución e non se asumiesen riscos innecesarios, que en caso de xeo ou neve na estradaa, dicía o presidente, é mellor esperar, non saír, informar do seu estado ao 112 e esperar a que se limpe, tamén dicía: “O importante é vir, desfrutar e volver sans e salvos xunto ás nosas familias…” Acercábase a medianoite, e a música xa se oía na discoteca, o gran DJ Motto, facía probas de son para a sesión DJ de música de baile dos 90, e pouco a pouco íase enchendo o recinto de remembers con ganas de baile e festa. Así transcurriu a noite e entou a madrugada.

 

 

O domingo chegou airoso, ameazando chuvia, o que fixo que dende moi cedo os participantes fosen desmontando e facendo as maletas para saír canto antes, algúns deles, os de máis lonxe, Sevilla, Alicante, Portugal fórons xa, os outros de máis cerca e con menos presa, saíron máis tarde en ruta a Casaio, onde como todos os anos, a xunta veciñal tíñalles preparada unha pinchada onde non faltaron os postres caseiros elaborados con esmero por veciñas e veciños do pobo.

Tras a pinchada, os organizadores de Motoxeada, da mano do seu presidente Andrés Candal Sánchez, fixeron entrega aos 48 motoclubs chegados de 13 provincias diferentes de España e 3 cidades de Portugal, dunhas pizarras conmemorativas, para que poidan lucilas nas súas sedes a modo de recordo deste evento. Despois pasou a dar os agradecementos tamén, á xunta veciñal de Casaio, ao Concello de Carballeda, aos patrocinadores de Motoxeada, dos cales dixo: “…que sen eles, nada disto sería posible…” Tamén tivo unhas palabras para os membros de Motoxeada, pola súa lealdade, polo seu esfoerzo e pola súa dedicación, despois disto, o presidente de Motoxeada deu por finalizada a sexta edición da mesma entre aplausos.

Texto: JGT
Fotos: cedidas

Artigos relacionados

Back to top button