EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

A multexperiencia como clave para o futuro do modelo turístico galego

A necesidade de adaptarse a novas esixencias do turista e de crear produtos nos que vaian da man termalismo, cultura e enogastronomía no marco dun modelo turístico centrado na innovación, a calidade e a sostenibilidade, foron algúns dos eixos en torno aos que xira esta terceira edición dos Encontros Anuais do Clúster de Turismo de Galicia, que se desenvolveron hoxe, 27 de abril, no Centro Cultural Marcos Valcárcel e na que participaron máis de 300 profesionais.

O director xeral de Turespaña, Manuel Bulter, puxo ao Clúster de Turismo de Galicia como “exemplo de cooperación público-privada e polo traballo desenvolto nestes tres anos de existencia da entidade para crear unha voz do sector e traballar na modernización, rendibilidade e competitividade” do modelo turístico galego. Pola súa banda, o presidente da Deputación, Manuel Baltar, destacou que este tipo de encontros “serven para ordenar e dar valor aos produtos e o potencial turístico co que conta tanto a provincia como o conxunto de Galicia”. Baltar mencionou “a grande versatilidade da provincia”, que conta con instalacións e potencial para desenvolver turismo deportivo, astroturismo, termalismo e, por suposto, o turismo enogastronómico e etnográfico.

Tanto a directora xeral de Turismo, Nava Castro; e o presidente do Clúster, fixeron mención á excelente sintonía alcanzada entre o sector galego e a administración pública, que permitiu elaborar conxuntamente un Plan Estratéxico de Turismo de Galicia, que Castro anunciou que se presentará oficialmente o próximo 5 de maio nun acto en Compostela e que o presidente do CTG adiantou que será moi centrado na posta en marcha de medidas para la sostenibilidade, a formación, a calidade e a rendibilidade do sector turístico galego.

Artigos relacionados

Back to top button